O 30 de novembro tivo lugar na nosa biblioteca "Fiz Vergara Vilariño" a presentación do libro A Paradela dos máis novos. No acto interviñeron Ana Isabel L. Valín (coordinadora do Equipo de Dinamización Lingüística do IES Gregorio Fernández); José Manuel Mato (alcalde de Paradela); Xulio Xiz (escritor que dirixiu o libro); Lola Chaos (quen foi a coordinadora no IES Xograr Afonso), alumnos colaboradores do libro, e Marta Ferreiro, Secretaria da Delegación Territorial en Lugo da Xunta de Galicia.
Foi un acto sinxelo, sentido e fermoso, no que non faltou unha lembranza para o noso compañeiro Eduardo Rey Moure, quen coordinou o traballo do alumnado paradelense participante neste libro e quen tanto fixo pola lingua, a cultura e a nosa biblioteca.
E se aínda non víchedes o libro, achegádevos á nosa biblioteca, xa que temos varios exemplares á vosa disposición. É un libro moi fermoso e merece moito a pena lelo co mesmo agarimo co que os autores o fixeron.
No hay comentarios:
Publicar un comentario