Este blog non publicará comentarios contra a dignidade das persoas ou do seu traballo.

Biblioteca "Fiz Vergara Vilariño"

lunes, 6 de noviembre de 2023

Entrega de premios das simultáneas de xadrez, o concurso de cabazas e o concurso de epitafios

 O pasado 3 de novembro tivo lugar na nosa biblioteca a entrega de premios para os participantes das simultáneas de xadrez que mellor o fixeron durante o torneo celebrado o Día da Biblioteca a xuizo do experto xogador e tamén profesor Anxo Penalonga.

Os premiados con cadanseu vale foron: Manuel Pedro Permuy, de 1º de CAF, quen obtivo un primeiro accesit por valor de 20 euros, Elías Chavez, de 1º de Bach, cun segundo accesit por valor de 15 euros, e David Díaz, de 4º de ESO, quen recibiu un 3º accesit por valor de 10 euros. Parabéns aos tres e a seguir esforzándose a ver se conseguides derrotar a Anxo.





Aproveitamos a ocasión para facer entrega tamén dos premios do concurso de epitafios, que foron para Camila Arias de 2º de ESO e Sara Raposo de 1º de ESO respectivamente. 



As súas composicións destacaron pola súa orixinalidade e retranca. Fixo entrega dos premios a organizadora do concurso e xefa do Equipo de Dinamización Lingüística Ana Isabel López Valín.


Ademáis, os dous alumnos que aportaron as súas cabazas decoradas recibiron cadanseus accesits tamén en vales de compra como premio á súa participación.


    
Grazas pola vosa participación e seguide así, que na biblioteca sempre hai moito que gañar!












No hay comentarios: