Dende a biblioteca "Fiz Vergara Vilariño" do IES "Gregorio Fernández" de Sarria, celebramos o Día das bibliotecas cun bo feixe de actividades:
- O luns 23 de outubro deu comezo a "Hora de Ler" en ESO, FPB e 1º de Bac, e presentouse a actividade das mochilas viaxeiras ao alumnado de 1º e 2º de ESO.
- O martes 24 no recreo na biblioteca celebraremos o Día da Biblioteca con partidas simultáneas de xadrez, música en directo e novo programa de Radio Bolboreta.
- Acudide á biblioteca e festexade que podemos gozar do moito que nos ofrece. Agardámosvos!
No hay comentarios:
Publicar un comentario