O pasado 28 de abril retomamos os encontros lingüísticos no Camiño co alumnado de 1º de Ciclo Medio de Xestión Administrativa e 1º de Ciclo Superior de Administración e Finanzas, tras tres anos sen poder realizarse por causa da pandemia e as restriccións de interaccións comunicativas entre as persoas.
As alumnas estiveron acompañadas pola súa profesora de inglés, Raquel Arias, quen leva anos promovendo esta iniciativa, e a profesora visitante francesa Katia Soares, quen estivo durante dúas semanas no noso instituto coñecendo en vivo e en directo o funcionamento e a realidade do IES "Gregorio Fernández".
Resultou unha actividade moi motivadora e interactiva na que ademais de practicar inglés, os peregrinos tiñan que sinalar nun mapa os seus lugares de orixe. Abraiados quedamos tras coñecer xente de Nova Zelanda, de Corea, de Canadá, dos Estados Unidos........ En fin, o mundo enteiro en Sarria.
As caras dos participantes dino todo, así que non deixedes de practicar inglés, francés, galego ou o que vos pete con tantos peregrinos que cruzan a nosa vila e que quedan enamorados da nosa terra, o cal podemos entender perfectamente. Bo Camiño!
1 comentario:
Fue una experiencia muy bonita
De très belles rencontres
Merci à Raquel et à ses élèves
Publicar un comentario