Este 23 de abril é moi especial. Acabamos de inaugurar a exposcición "Libros Suculentos", na que ademáis de 28 libros escollidos polo profesorado do noso instituto, hai ademáis 80 suculentos libros-galleta elaborados pola reposteira sarriana Lourdes Pombo para a ocasión.
Desta vez, os libros non son únicamente un adorno, xa que convertiranse nos premios gastronómicos que se entregarán aos participantes que mais acertos teñan na quiniela literaria e ás clases mais participativas de todos os niveis do IES "Gregorio Fernández". Por primeira vez, o profesorado e o persoal de administración e servizos está invitado a participar e xa se está xerando moita conversa en torno á literatura ao tempo que potenciamos a competencia comunicativa entre alumnado e profesorado. É realmente fermoso escoitar nos corredores á xente falar de libros.
Ollade as bases e achegádevos á expo:
No hay comentarios:
Publicar un comentario