O 3 de marzo tivo lugar a entrega dos premios do Concurso de Entroido. O primeiro premio foi para o alumnado de 1º do Ciclo Superior de Administración e Finanzas pola súa comparsa na que representaron á película "Grease". Recibiron os seus diplomas e vales por valor de 10 euros para gastar na cafetería do noso instituto.
Ademais, todos os participantes recibiron as libretas enviadas pola Asesoría de Bibliotecas Escolares.
A alumna Firdaousse Amanchar foi premiada co primeiro premio do Concurso de Fotografía Matemática e por isto recibiu un vale de 30 euros ademais dunha libreta da biblioteca.
Parabéns a todos os premiados e seguide lendo, imaxinando e creando!
No hay comentarios:
Publicar un comentario