Este blog non publicará comentarios contra a dignidade das persoas ou do seu traballo.

Biblioteca "Fiz Vergara Vilariño"

miércoles, 21 de diciembre de 2022

Novas e variadas iniciativas lectoras

 Rematamos o curso lendo de distintos e variados xeitos. Como vedes nas imaxes, no recinto exterior do noso instituto están os paneis sobre o sarriano Matías López emprestados polo Concello de Sarria. Dende o EDL elaborouse un cuestionario de preguntas para afondar no coñecemento deste home que tanto fixo pola vila de Sarria sobre o que distintos grupos están a traballar.




Ademais, dende o departamento de filosofía elaborouse unha guía de lecturas dirixida ao alumnado de 1º de Bacharelato agrupadas en cinco itinerarios ou paquetes que serán tamén traballadas por grupos e  que confiamos en que servan para achegar a filosofía á comunidade educativa. 
Están colocados en cinco caixas e ubicados na mesa da segunda sala de préstamo para a súa visibilización.





E con todos estas iniciativas rematamos o curso, desexándoos un Bo Nadal e un 2023 cheo de paz, amor e boas lecturas!
 


No hay comentarios: