O 11 de outubro o alumnado dos primeiros cursos dos ciclos de Xestión Administrativa e de Administración e Finanzas tiveron ocasión de descubrir Sarria dun xeito diferente. Nesta ocasión fixémolo grazas á visita guiada en inglés feita pola guía turística sarriana Silvia Mondelo.
Silvia fixo un percorrido centrado na historia de Sarria prestando especial atención ao tecido empresarial da vila e a algúns dos seus emprendedores e personaxes relevantes. Deste xeito, puidemos descubrir a historia dos chocolateiros Matías López e Venancio Vázquez, das imaxes e técnicas de marketing usadas por Matías López ou do gran legado que este deixou aos sarrianos. Tras pasar pola rúa dos anticuarios rematamos esta agradable visita diante do mural da escritora Xela Arias.
Foi un paseo moi agradable e didáctico no que a lingua inglesa serviu como canle de comunicación e de achegamento ao noso pobo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario