O 24 de outubro é o "Día da Biblioteca" e con este motivo todo o alumnado de ESO de Plástica elaborou estos fermosos carteis que podedes ver na entrada do edificio da ESO. Pronto se elexirán aos mellores. Achegádevos e, sobre todo, aproveitade para vir á biblioteca e descubrir todo o que agocha!
Tras unha difícil deliberación por parte dun xurado formado por cinco profesoras do instituto, os alumnos gañadores aos mellores carteis do "Día da Biblioteca" foron: en 1º de ESO Antía Fernández López, Nerea Pérez López e Maikel Rodríguez Seijas, en 3º de ESO Brais Castro Pereiro, Carla Díaz Rodríguez e Nicolás Vera Arenciabia e en 4º de ESO Meryem Dallahi. Noraboa a todos, non deixedes nunca de crear e de imaxinar e agardamos vos guste o agasallo que vos enviamos con todo o noso agarimo dende a bilioteca.
No hay comentarios:
Publicar un comentario