Rosalía é unha poeta inmensa da que coñecedes aspectos artísticos e literarios (ou iso esperamos!). Non obstante, a súa vertente feminista e reivindicativa quedou durante moito tempo agochada trala imaxe “morriñenta” e “melancólica” dunha muller enfermiza e triste.
Porén, como nos recorda Anna R. Figueiredo @theweeraven na súa obra Feminismos en relación coa obra da escritora María Xesús Lama sobre Rosalía de Castro:
“As investigacións de Lama amosan unha Rosalía alegre, crítica, activista, que gustaba de sorrir, cantar ou tocar a guitarra, que recibiu grazas a súa nai, unha educación nutrida e bastante liberal. (…)” Páx. 113
Por certo, este libro podédelo atopar na biblioteca, ameno e moi interesante que vos achega os fitos principais da historia do feminismo.
Para rematar, só dicirvos que o fermoso graffiti da portada desta publicación foi realizado por @primobanksy. Xa é unha icona da arte urbana de #lugo que podedes visitar na Praza de Ferrol.
#iesgregoriofernández
#RosalíadeCastro
#BibliotecasescolaresdeGalicia
#Donasdesi
#bibliotecafizvergara
#annarfigueiredo
#primobansky
#arteurbanoLugo
No hay comentarios:
Publicar un comentario