E por fin chegou o 21 de marzo, un día grande para non olvidar por moitos motivos. Mais de 400 persoas de 12 centros de ensino da comarca de Sarria se reuniron para celebrar o Día da poesía con versos de Fiz Vergara Vilariño, para quen reclamamos todos unidos que se lle adique dunha vez o Día das Letras Galegas, ao tempo que lembramos que este 2022 vanse cumplir 25 anos do seu pasamento.
O acto foi organizado pola nosa biblioteca grazas á iniciativa e impulso do noso activo compañeiro e membro do equipo de biblioteca Eduardo Rey e tivo como mestre de cerimonias ao músico e escritor Xurxo Souto, tamén profesor no noso instituto.
Ademais, Xurxo Souto musicou un soneto, que interpretou xunto a Eduardo Rey e que lle adicaron a Imelda, irmá de Fiz Vergara, que definiu como "feliz" este día na memoria do autor.
Foi unha xornada máxica chea de versos, pancartas, música, baile con coreografía e, sobre todo, "Poesía por un tubo" na que todos berramos: "Poesía na Praza da Vila". Emocionante foi ver a grandes e pequechos recitar e dar voz a un poeta que merece ser posto no pedestal da lírica galega dunha vez por todas.
Graciñas aos promotores e participantes desta fermosa iniciativa, pois sen vos este evento único non sería posible. Longa vida á poesía e moitos versos na nosa vida.
Non perdades os vídeos das actuacións, xa dispoñibles nas redes sociais do Concello de Sarria, colaborada neste evento.
No hay comentarios:
Publicar un comentario