Moito nos prestou a clase cultural en inglés que recibimos da man de Damien, un excelente e ameno comunicador irlandés co que aprendemos moito dos países menos coñecidos onde se fala inglés. Coñecedes todas esas bandeiras? Sabedes a orixe da palabra "champú"? Cal é o patrón de Irlanda? E a cantante Rihanna, de onde é?
Pois a resposta a todas estas cuestións as teñen os alumnos de 4º de ESO e Bacharelato que onte participaron nesta charla interactiva con concurso incluído na que algúns afortunados gañaron un útil agasallo.
Esta charla foi organizada polo Departamento de inglés e a nosa biblioteca coma unha actividade de extensión cultural grazas á xentileza de editorial Burlington Books.
No hay comentarios:
Publicar un comentario