Este blog non publicará comentarios contra a dignidade das persoas ou do seu traballo.

Biblioteca "Fiz Vergara Vilariño"

viernes, 26 de noviembre de 2021

No 25 de novembro berramos NON

Os días previos ao 25 de novembro, Día Internacional para a elminación da violencia contra a muller, foron días intensos e moi colaborativos no que a comunidade educativo do IES "Gregorio Fernández" implicouse a fondo para conseguir que ogallá este Día pase á historia e non teñamos que lembralo mais, porque por desgraza a violencia e os machismos seguen existindo. Como vedes nas imaxes, houbo concurso de carteis, exposición de libros relacionados co tema, gravación de audios e conversas machistas que se escoitaron en todo o instituto, pegada de mensaxes alusivos a esta lacra en grandes lazos e nas palabras NON, lectura do Manifesto polo alumnado de 2º de Ciclo Superior de Administración e Finanzas e creación da figura en negro coa palabra NON con mais de 250 particpantes dentro do pabellón dos institutos e no patio exterior. Foi unha gran xornada colaborativa, emotiva e moi sentida na que todos puxemos o noso graniño a favor da Eliminación da Violencia contra as Mulleres.

No hay comentarios: