Este blog non publicará comentarios contra a dignidade das persoas ou do seu traballo.

Biblioteca "Fiz Vergara Vilariño"

viernes, 12 de febrero de 2021

Entroido literario 2021



Velaquí tedes o vídeo coas imaxes dos autores e personaxes literarios que participaron neste Entroido tan especial da biblioteca. A imaxinación dos participantes e os libros axudaron moito a que a bruxa, o Cid Campeador, a princesa Lúa, Romeo e Xulieta, Sherlock Holmes, Castelao, Safo de Lesbos, Don Gregorio, Guillermo de Baskerville, Tintin e Milú, o Bufón Del Rei, Concepción Arenal, Pedro Páramo e algúns mais se converteran en personaxes de carne e óso. Estiveron ben acompañados pola nosa Rosalía Castro que presidirá a entrada do noso instituto este mes de febreiro para conmemorar o seu día, o próximo 24 de febreiro.

Como vedes, posaron coas súas obras nas mans, porque como dicía unha vella canción: "Todo, todo, todo está en los libros........."

Bo Entroido!



No hay comentarios: