lunes, 20 de enero de 2020
"Campos de batalla" e "Manchas de frío" de Sonia Arias, xa na biblioteca
Sempre é un pracer recibir a visita de antigos alumnos. Ás veces sorpréndennos como é o caso de Sonia Arias, exalumna de Paradela que xa leva tres libros publicados cun notable éxito. Agasallounos con sendos exemplares de "Manchas de frío" e "Campos de Batalla", nos que ademais escribiu unhas moi afectuosas dedicatorias. Están xa á vosa disposición no expositor de novidades, e ademais podedes escoitar a entrevista que concedeu a Radio Bolboreta, onde contou cousas moi interesantes.
Noraboa, Sonia, e moita sorte nesta túa traxectoria como escritora.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario