Un ano máis, por desgraza, segue de actualidade a violencia contra as mulleres. A biblioteca Fiz Vergara Vilariño presenta unha selección de lecturas e películas relacionadas co tema. Ademais, xunto co Equipo de Normalización Lingüística do I.E.S. Gregorio Fernández, unha grande pancarta que deixa claro o noso NON máis rotundo á violencia de xénero, así como as pegadas que recordan as mulleres asasinadas no noso país ao longo deste ano.
QUERÉMONOS VIVAS!
No hay comentarios:
Publicar un comentario