Este blog non publicará comentarios contra a dignidade das persoas ou do seu traballo.

Biblioteca "Fiz Vergara Vilariño"

jueves, 13 de junio de 2019

Non hai bo verán sen libro na man!



Xuño xa está aquí: exames finais, nervos, stress, esgotamento....,pero xa se vislumbra o San Xoan, as vacacións e o tempo de lecer. Así que dende a biblioteca propoñémosvos un montón de novidades como as que vedes nas fotos, ao tempo que vos recordamos que xa está en marcha o empréstito especial verán, grazas ao que poderedes levar ata 6 artigos da biblioteca en empréstito. Só cunha condición: non ser morosos da biblioteca e devolvelos en setembro.
E se aínda necesitades ideas sobre que ler, botádelle unha ollada ás lecturas para días lumninosos que recomendan as bibliotecas escolares de Galicia.
Dende a biblioteca desexámosvos sorte coas notas, moita forza e ánimo para os últimos exames e, sobre todo, boas vacacións!

No hay comentarios: