Este blog non publicará comentarios contra a dignidade das persoas ou do seu traballo.

Biblioteca "Fiz Vergara Vilariño"

martes, 12 de junio de 2018

Reunión do club en torno a Tam

O club de lectura xuvenil rematou o curso coa lectura do primeiro manga en galego: Tam, de Anémona del Río, publicado por Retranca Editora de Pontevedra, e con tal motivo así o escollemos para o club.
Na última reunión deste curso, celebrada o 12 de xuño,  falamos deste libriño. Pero estes os nosos membros do club son xa expertos e avezados lectores aos que non lles vale calquera cousa. Por iso, desde o respeto e a valoración dunha obra en galego, pareceunos que este non é realmente un manga, xa que non segue as normas deste xénero, trátase dunha historia bastante infantil, sinxela e estereotipada e os debuxos tampouco son tan fantásticos coma noutras novelas gráficas. Todo isto deixounos un sabor agridulce que seguro seguro se verá recompensado por un verano cheo de lecturas que nos encherán e nos farán crecer como lectores.
En calquera caso, sobre gustos non hai nada escrito, así que Tam agárdavos nos andeis da biblioteca. Dádelle unha oportunidade e xulgadeo por vos mesmos.

No hay comentarios: