Este blog non publicará comentarios contra a dignidade das persoas ou do seu traballo.

Biblioteca "Fiz Vergara Vilariño"

jueves, 22 de marzo de 2018

8M: Visibilizando as desigualdades

Co gallo do 8 de marzo, Día da Muller,  este ano quixemos facer algo que visibilizase as desigualdades e as convertise en igualdades. Para iso, argallamos este vídeo no que tentamos implicar a toda a comunidade educativa do IES "Gregorio Fernández" de Sarria.
A iniciativa foi liderada polas profesoras Raquel Arias, coordinadora da biblioteca, e Mar Peña Crecente, membro do equipo de biblioteca, pero contou cun montón de colaboradores aos que lles queremos agradecer a súa colaboración non só por posar para as fotos, senón por axudar a que todo isto fose posible.
Por iso, grazas á alumna Tatiana Vanessa Mazo Vélez de 1º do Ciclo Medio de Xestión Administrativa quen fixo o debuxo que vedes no fondo do photocall, ao profesor José Antonio Ferreiro, quen cos seus alumnos de 2º de Fabricación Mecánica arranxou e pintou un maniquí que estaba case para o lixo, á profesora Ana Isabel López Valín, quen aportou moitas ideas en forma de mensaxe, e a Raquel Leiro Castro e Isabel Sánchez Corral, que puxéronse mans á obra de xeito literal.
Graciñas e por 365 días de respeto e igualdade en tódolos ámbitos!!!!

1 comentario:

Pilar Sampedro dijo...

Que boa idea e canto traballo colaborativo!
Dá gusto saber que estades aí, provocando cambios cada día.
Moito ánimo e moitas grazas!
Pilar