Hoxe tivemos un gran honor: asistir ao espectáculo do
actor sevillán Antonio Blanco, quen nunha xenial sesión teatral, por fin nos
deixou claros quenes foron Pygmalión, Zeus, Afrodita, Paris, Atenea, Venus, as
ninfas e algúns persoaxes máis que aínda que son míticos e moi antigos, son
moito máis actuais do que algúns pensan.
E todo isto sen parar de rir durante hora e
media. Así que benvidos sexan o inxenio que xunto coa orixinalidade e a
cultura fixéronnos ver que se pode pasar moi ben sen novas tecnoloxías,
simplemente volvendo aos clásicos. E como guinda final, o eloxio ao libro, ese
aparello que se abre e se pecha e que segue a darnos tanto.
Dende a biblioteca, queremos agradecer á
profesora de latín Chelo Inés Bouza a iniciativa de traer ao noso instituto
este espectáculo ao tempo que abrimos os nosos brazos a toda a comunidade
educativa e ás iniciativas culturais de calidade. Benvidas sexan!
Sabendo que os "Mismitos"
despertaron en vos a curiosidade pola mitoloxía clásica, dende a biblioteca
preparamos unha selección con algúns dos libros grazas aos que podedes saber
aínda máis sobre a vida, porque non hai
historia bélica máis apaixoante que o asedio de Troia; vida máis tremenda,
patética e truculenta ca de Edipo; aventuras con máis peripecias e maravillas
que as de Faetón, Hércules ou Ulises; lances de amor e de muerte máis
apaixoados que o de Narciso; ou relato máis tenro que o de Pigmalión.
No hay comentarios:
Publicar un comentario