O pasado 26 de maio púxose en escea o “Recital das Letras Galegas” preparado nas clases de Música e Galego. Fixemos un sentido recital homeaxe a Carlos Casares e máis á nosa
lingua no que participou directamente todo o alumnado de Música do instituto,
alumnos doutros cursos e varios profesores.
Aproveitamos a
ocasión para facer entrega dos premios dos tres concursos organizados pola
biblioteca ao longo do curso: “Agora
caio”, “E ti, que fas cos libros?” e “2º Concurso de Fotografía Matemática”.
Ademáis, entregamos as libretas envíadas pola Asesoría de Bibliotecas Escolares
como agasallo a todos os participantes nos concursos da biblioteca. O acto foi
un éxito tanto de público como de
participación. Ollade algunhas das imaxes deste emotivo acto.
No hay comentarios:
Publicar un comentario