Para falar de "Bidean" argallamos realizar un encontro on line coa súa autora, e de xeito paralelo, realizamos unha montaxe visual co propio libro seguindo as propias indicacións de Miren Pastor. Miren deunos como agasallo un magnífico rato sobre fotografía, imaxe e sentido do fotolibro. Estivemos preto dunha hora falando de moitas cousas: a diferencia entre un fotolibro e un catálogo con fotografías convecional, a importancia do ritmo e a orde na secuenciación das imaxes, o sentido do que queres decir e que non queres revelar en cada imaxe... Adicou unha parte do noso encontro a presentarnos "Bidean" que significa "en tránsito" ou "de camiño" en éuscaro. Este fotolibro é a segunda entrega dunha serie que aínda non ten previsión de rematar (aínda que xa está a traballar na terceira entrega) e que prentende achegarse á realidade do propio irmán da autora en distintos momentos de cambio ou transformación da súa propia vida. Nos vimos "Bidean" como un xogo de texturas e alusións poéticas e non poéticas sobre o propio devalar da existencia. Os/as nosos/as lectores/as ficaron encantados/as por achegarse (agora si con máis intención...) máis directamente a este fascinante obxecto que é "Bidean"
Miren tamén nos presentou outros fotolibros que para ela lle resultaron significativos ou importantes na súa comprensión do feito fotográfico e do propio fenómeno do fotolibro. Trátase de "End of An Age" (1998) de Paul Graham, un mosaico xeneracional sobre a mocidade na súa transición á edade adulta; un fotolibro moi semellante na temática a "Bidean" pero moi diferente no seu plantexamento visual. "Las hermanas Brown" de Nicholas Nixon, unha serie de retratos evolutivos da muller do autor xunto coas súas tres irmáns ao longo de toda a súa vida. E tamén vimos o fantástico "Fond du Lac" de Christian Patterson un fotolibro feito sobre a propia guía de teléfonos local desta cidade estadounidense.
O encontro con Miren deixounos unha sensación de certa curiosidade sobre o universo dos fotolibros. Foi extraño achegarse a un libro sen apenas textos que había que ver como unha película pero con imaxes fixas...! Foi toda unha experiencia. Agardamos achegarnos a máis fotolibros e aumentar así a nosa cultura visual! Ata entón iremos con Miren Pastor como madriña de botadura na nosa singradura cara novos rumbos!! Gracias Miren!
No hay comentarios:
Publicar un comentario