Co gallo do mes libro non podíamos esquecer aquelas publicacións adicadas á información diaria tanto no pido local coma nun contexto máis amplo. De aí que quixeramos desenvolver, en colaboración co Colexio de Xornalistas de Galicia, o obradoiro Xornalismo na Escola. Esta experiencia foi impartida por unha profesional acreditada,
Ángeles Fernández Mayra que formou parte do Consello de Redacción do diario El Pogreso e fundadora da publicación dixital Código Cero, entre outros moitos méritos. Neste obradoiro o alumnado de 3º de ESO puido coñecer de primeira man de que xeito se generan e producen as novas; así como as distintas plataformas e medios que hoxe día contribúen á nosa información. Seguro que desta volta sae deste curso algún/algunha xornalista!!
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario