Neste mes temos moita actividade na biblioteca. Son datas importantes nas que a biblitoca énchese de cousas! Coincidindo coa campaña autonómica da Rede de Bibliotecas Escolares: "Territorio das Artes" decidimos organizar un obradoiro co artista ouresán Rosendo Cid. Este artista ten traballado moito nos últimos anos na relación entre arte e literatura e moitos dos seus traballos teñen como soporte a publicación con distintos soportes e técnicas: a postal, o collage, o libro de artista, o caligrama, etc...
Con estes argumentos, Rosendo Cid traballou durante case dúas horas co alumnado de 1º de ESO. Primeiro, explicando e amosando distintos traballos artísticos seus e de outros/as artistas. Despois, realizando co noso alumnado un par de exercicios prácticos: a elaboración dun caligrama e un collage que tiña como base a "Gioconda" de Leonardo da Vinci. Como podedes ver, os resultados foron apabullantes! Vaia artistazas que temos no centro! Con estes traballos faremos unha exposición nos días vindeiros. Non deixedes de velos.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario