Con gallo do Día do Libro, a biblioteca "Fiz Vergara Vilariño" convoca o concurso "E ti, que fas cos libros?". Desta vez non tedes que escribir, senón crear cousiñas moi orixinais baseadas nos libros. Lede, lede e animádevos.
Trátase de elaborar obxectos (xoias, caixas, adornos...) de dous posibles xeitos:
1) Usando os libros como material e base de traballo.
2) Usando outros materiais que representen libros.
Bases:
Participarase de xeito individual.
Cada participante poderá entregar ata un máximo de catro traballos e xunto co traballo adxuntará un sobre no que figure o seu nome e curso.
Os traballos entregaranse na biblioteca antes do mércores 19 de abril ás 11:35h.
Haberá un agasallo para todos os participantes.
Haberá un premio para cada nivel e categoría consistente nun vale regalo por valor de 20 euros (Total: 4 premios)
Os premios poden quedar desertos. Poderá haber un accésit se o xurado o considera oportuno baseándose na calidade dos traballos presentados.
Poderán participar todos os alumnos do IES “Gregorio Fernández”, se ben haberá dous niveis de participación: 1) ESO e FP Básica; 2) Bacharelato e Ciclos Formativos.
Navega pola Internet e inspírate. Atoparás cousas tan chulas como estas:
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario