O pasado venres 10 de marzo tivo lugar a reunión do club de lectura. Nesta ocasión, falamos dun libro de poesía actual, distinto e moi novedoso. O autor é Luis Ramiro, un cantautor madrileño que conta con moitos seguidores nas redes. Houbo opinións moi diversas, desde as que quedaron fascinadas por certos poemas, ata as que pensan que é unha poesía demasiado sinxela que pouco lles aporta. Probade este petisco vos mesmos e opinade! O libro agárdavos nos andeis da biblioteca.
Dende o club de lectura,queremos animarvos a uniros ao noso reto: Patria (650 páxinas), a novela do ano. Paga
a pena! Dende de marzo ata xuño leremos esta gran novela pouquiño a
pouco e irémola comentando nas reunións mensuais.
No hay comentarios:
Publicar un comentario