lunes, 6 de marzo de 2017
A escritora María Reimóndez na nosa biblioteca
O 3 de marzo tivemos a honra de contar coa visita e posterior charla da escritora lucense María Reimóndez, quen falou sobre "O feminismo desde a escrita". Esta charla forma parte do programa "Vivas e visibles" organizado polo Concello de Sarria e inscrito nos actos en torno ao 8 de marzo, Día da Muller.
María fixo un percorrido pola súa obra e as distintas mulleres que nela habitan, para logo entablar un diálogo cos seus oíntes.
Dende a biblioteca recomendámosvos un achegamento á súa obra que podedes ir probando en petiscos que tedes expostos no expositor da entrada. Ademais, María asinou e deixou a súa dedicatoria nun dos exemplares da nosa biblioteca do "Club da calceta", unha das súas obras mais coñecidas.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario