Este blog non publicará comentarios contra a dignidade das persoas ou do seu traballo.

Biblioteca "Fiz Vergara Vilariño"

lunes, 13 de febrero de 2017

O amor agóchase na biblioteca








O curso vai pasando e xa chegamos a febreiro, mes do amor. Pero......sabíades que o amor agóchase na biblioteca? Temos moitas de esas cousiñas que o amor crea: poemas de amor, novelas de amor, cancións de amor e películas de amor. Así que aproveitamos para sacar algúns deses fondos e expoñelos acompañados de versos espallados polas paredes e corredores con corazonciños nos que moitos membros da comunidade educativa escribiron títulos desas obras relacionadas co amor que tanto lles fixeron sentir. Emocións, sentimentos e vida, sempre agochados na biblioteca, sempre con moito amor.

No hay comentarios: