Este blog non publicará comentarios contra a dignidade das persoas ou do seu traballo.

Biblioteca "Fiz Vergara Vilariño"

viernes, 4 de noviembre de 2016

Samaín 2016


O Equipo de Dinamización Lingüística dirixido pola profesora de galego Ana María Fernández organizou un concurso de relatos de medo e de cabazas. Como vedes, as cabazas destacaron pola súa gran calidade e o venres 4 de novembro entregáronse os premios. A biblioteca colaborou coa organización e exposición que acompañou de materiais para ver, ler e pasalo de medo.
O primeiro premio do concurso de relatos foi para a alumna Carla Rodríguez Fernández de 1º de E.S.O., que recibiu un vale de 30 euros para material deportivo. O segundo premio, valorado en 20 euros, foi para o relato de Fátima Feijóo Valiña de 2º de E.S.O.
As alumnas de 1º de Bacharelato Antía Pardo, Andrea Pérez e Saínza Varela obtiveron o primeiro premio do concurso de cabazas co seu "Monstro das galletas" e por isto recibiron un vale de 30 euros. O segundo premio foi para a cabaza "O ollo" que fixo José Luis Vilar de 2º de E.S.O.

No hay comentarios: