Este blog non publicará comentarios contra a dignidade das persoas ou do seu traballo.

Biblioteca "Fiz Vergara Vilariño"

viernes, 28 de octubre de 2016

Inscríbete no concurso da biblioteca "Agora caio!"

Bases:
1- A participación será por parellas ou tríos de alumnado da ESO.
2- Debedes apuntarvos na biblioteca antes do mércores 9 de novembro de 2016 e dar o nome do equipo.
3- O concurso consistirá en cinco retos nos que teredes que dar coa resposta correcta.
4- Os retos versarán sobre: Historia, Literatura, Deportes, Ciencias, Tecnoloxía....
5- Cada luns dende o 14 de novembro darase unha pista que se colocará no taboleiro da biblioteca e no blog (http://bibliofiz.blogspot.com.es/). Mirade o calendario de pistas.
6- Regras do xogo:
• Se respostades na primeira pista, o equipo obterá catro puntos.
• Se respostades na segunda pista, o equipo obterá tres puntos.
• Se respostades na terceira pista, o equipo obterá dous os.
• Se respostades na cuarta pista, o equipo obterá un punto.

7- As respostas enviaranse na correspondente entrada en forma de comentarios ao blog da biblioteca, identificándose co nome do grupo.
8- Os comentarios publicaranse cando un equipo atope a resposta correcta, e aí quedará reflectida a data e a hora en que o equipo correspondente enviou a resposta.
9- Cando un equipo atope a resposta correcta, a proba correspondente darase por concluída.
10- No taboleiro haberá tamén un cadro cos equipos e os puntos que acadan, así como o calendario de probas.
11- Cada punto equivalerá a 3 euros que será acumulable e canxeable por un vale regalo que se dividirá entre o número de membros do equipo gañador.
12- Haberá ademais un premio para o equipo máis constante.

Anímate e participa!

No hay comentarios: