Un ano máis, os participantes no concurso "English Slogans in Advertisements" competiron por encher os seus paneis con slogans en inglés publicados en revistas nacionais. Tras dous meses de loita, o pasado 29 de xaneiro recibiron os seus premios as gañadoras do concurso consistentes en vales de compra e cadansúa memoria USB.
Nesta ocasión, as gañadoras na categoría de ESO e Bach foron Carolina Aldea e Cristina Mato (2º ESO) con 73 slogans e na categoría Ciclos de Administración Xandra Agra (1º CAF) e Yuridia Ansareo (1º CMXAD)con 99 slogans.
Ademais, as parellas que pegaron 40 ou máis slogans non repetidos no seu panel recibiron unha memoria USB.
No hay comentarios:
Publicar un comentario