Este blog non publicará comentarios contra a dignidade das persoas ou do seu traballo.

Biblioteca "Fiz Vergara Vilariño"

viernes, 29 de enero de 2016

Reunímonos para falar de "Lendo lendas, digo versos"


O venres 29 de xaneiro tivo lugar a última reunión do libro "Lendo lendas, digo versos", do poeta Antonio García Teijeiro, o especialista en literatura popular Antonio Reigosa e o ilustrador Xosé Cobas. Esta obra contén vinte lendas recollidas da tradición oral onde se fala de mozas encantadas e mouras, trasnos rebuldeiros, animais que falan e ata da competencia entre deus e o demo... Estas lendas, compostas baixo a verba de Reigosa, contan cun poema de García Teijeiro que recrea a súa historia, e faino mediante a axilidade da copla que reforza a oralidade. Pero aínda hai máis: logo da lenda e da poesía hai unha ilustración de Cobas.
Este fermoso libro gustou moito a algúns e menos a outros dos membros do club, pero aínda así gozamos dunha sesión moi amena e agradable.
O próximo libro do club é "El baile" de Irene Nemirovsky, un curioso relato do que falaremos dentro de seis semanas e que xa podedes recoller na nosa biblioteca.

No hay comentarios: