Un dos corredores do noso instituto foise enchendo nas últimas semanas coas postais de Nadal que participaron no concurso no que a única condición era que o lema da postal estivese en galego. Día tras día, o concurso ideado polo Equipo de Dinamización Lingüística que dirixe a profesora Pilar Saavedra ía estando cada vez máis reñido. Acábase de facer pública a relación de gañadores, elexidos por votación entre un amplo xurado composto por profesorado e persoal non docente.
O primeiro premio foi para a postal de Eros López Rodríguez de 1º de ESO, o segundo para Alex Díaz Carrasco de 2º de ESO e o terceiro para María Alvaredo Rodríguez tamén de 2º de ESO. Noraboa aos premiados e a seguir participando!
Aquí vos deixamos este vídeo para que olledes algunhas das obras de arte que os alumnos fixeron, aínda que o mellor é que vos acheguedes a admiralas en vivo e en directo. A orde do vídeo corresponde ás postais premiadas e a continuación algunhas das participantes.
No hay comentarios:
Publicar un comentario