Este blog non publicará comentarios contra a dignidade das persoas ou do seu traballo.

Biblioteca "Fiz Vergara Vilariño"

jueves, 12 de noviembre de 2015

Exposición: Cultura material na prehistoria

O alumnado do primeiro curso de Formación Profesional Básica das dúas modalidades que se imparten no centro (Fabricación e montaxe, Servicios Administrativos) realizou esta estupenda exposición sobre a cultura material na Prehistoria. A exposición consta de varias ferramentas realizadas en pedra polos alumnos de FPB Fabricación e montaxe e unha serie de tabliñas de arxila branca de escritura cuneiforme elaboradas polos alumnos e alumnas de FPB Servicios Administrativos. A mostra complétase con varias publicacións do fondo da biblioteca que ilustran e complementan coa súa información o período histórico que tematiza a exposición.
Como podedes ver a calidade dos obxectos que se presentan na exposición é realmente abraiante e o traballo que empregaron estes alumnos pagou realmente a pena!

No hay comentarios: