Este blog non publicará comentarios contra a dignidade das persoas ou do seu traballo.

Biblioteca "Fiz Vergara Vilariño"

lunes, 28 de septiembre de 2015

Constitución do club de lectura "De tertulia" para o curso 2015-16

O club quedou constituído o pasado 25 de setembro. A primeira reunión do club comezou fixando os puntos claves para esta nova andaina: quenes somos, cando nos imos reunir e que imos ler. Contamos coa presenza de quince persoas dispostas a formar parte do club de lectura: nove profesoras, cinco alumnos e unha conserxe. A única condición é ter 16 ou máis anos e ganas de ler e gozar coa lectura.
A continuación, falamos do libro “La cena” de Herman Koch que lemos durante o verán, gustounos moito á maioría e que recomendamos encarecidamente a quen queira profundizar en preguntas como “Ata onde é capaz de chegar un pai para encubrir a un fillo que comete un delito inxustificable?”.
Acordamos que a nosa seguinte lectura vai ser "El olvido que seremos" de Héctor Abad Faciolince. Informaremosvos de cando xa o teñamos na biblioteca. Boa semana a todos!

No hay comentarios: