Este blog non publicará comentarios contra a dignidade das persoas ou do seu traballo.

Biblioteca "Fiz Vergara Vilariño"

jueves, 7 de mayo de 2015

Correlingua 2015





O 6 de maio celebrouse en Lugo a 15 edición de Correlingua, Correlingua 2015. O Correlingua é a carreira pola lingua do alumnado de todos os ciclos educativos organizada pola CIG-Ensino, a Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG) e a Mesa pola Normalización Lingüística, coa colaboración dos Concellos de Pontevedra, Vigo, Lugo e Ourense xunto coa Deputación de Lugo. Queremos incidir na importancia de contarmos con actividades normalizadoras, que promovan a reflexión sobre a situación do noso idioma e incidan na sensibilización no seu uso, como mecanismo imprescindíbel para o seu futuro, algo especialmente necesario no actual contexto en que os datos estatísticos inciden na perda de falantes do noso idioma. Entendemos que o Correlingua é un dos proxectos cos que se consegue aglutinar a un número moi alto de mocidade arredor dun elemento común, dalgo creado polo noso pobo, como é o galego. O propio alumnado tivo a oportunidade de reflexionar sobre a actual situación do idioma facendo un chamamento a actuar na procura de inverter a situación actual de perda de falantes.
Os alumnos participaron nos diversos concursos de: Manifesto, Banda deseñada, Cantalingua e Concurso de pancartas. Como vedes, o alumnado de 4º da ESO do IES "Gregorio Fernández" elaborou unhas fermosas e orixinais pancartas.
A festa final tivo lugar entre as 12:00 h e as 13:00 h. na praza de Santa María de Lugo coa actuación de Isabel Risco e a lectura do manifesto por parte de alulmnado do CPI de Baralla e a actuación da alumna do noso centro Alba García Cabanas de 4º ESO, que interpretou a “Negra Sombra” de Rosalía de Castro tal e como podedes ver no vídeo. Parabéns para Alba pola súa estupenda interpretación á que agradecemos a súa colaboración. A continuación, actuou o grupo Bocinazo. No concurso de pancartas o noso centro non acadou o recoñecemento das tres clasificadas, aínda que pensamos que era merecente dalgún dos tres primeiros postos.


No hay comentarios: