Este blog non publicará comentarios contra a dignidade das persoas ou do seu traballo.

Biblioteca "Fiz Vergara Vilariño"

sábado, 25 de abril de 2015

Día do libro 2015




Este 23 de abril de 2015 foiche ben movidiño na biblioteca. Para empezar, lectura colectiva do Quixote na que participaron máis de cento trinta persoas como podedes ver no vídeo. Foi algo novo isto de ler en alto nun libro tan antigo en versión orixinal. Non resulta nada fácil, pero algo ten este libro que invita a ler en voz alta. Gustamos da lectura e ata houbo quen se emocionou e non atopaba o momento de parar.
A continuación, recibimos como agasallo un marcapáxinas feito para a ocasión e comezamos a colocar nos estantes da librería xigante que temos á entrada da biblioteca os "Libros da nosa vida" que entre todos iremos enchendo. Agardamos os vosos!

No hay comentarios: