Este blog non publicará comentarios contra a dignidade das persoas ou do seu traballo.

Biblioteca "Fiz Vergara Vilariño"

miércoles, 11 de marzo de 2015

Teatro en francés


O alumnado que cursa francés no IES "Gregorio Fernández" de Sarria a partir de 3º da ESO asistiu o 9 de marzo no auditorio Gustavo Freire de Lugo á obra de teatro en francés "Le malade imaginaire", unha cómica adaptación da famosa obra do escritor Molière. Foi unha gratificante experiencia na que os asistentes riron moito e puideron comprobar os seus coñecementos de francés en vivo e en directo. Estiveron acompañados nesta viaxe pola profesora de Francés Natalia Domínguez, quen organizou a viaxe, e a profesora de inglés María Lorenzo.

No hay comentarios: