Estas son algunhas das fotos que foron presentadas ao 1º concurso de fotografía matemática que se celebrou nas pasadas semanas, organizado por esta biblioteca e o departamento de matemáticas.
As fotos tiñan que levar un título asociado para así poder ver dalgún xeito a relación entre matemáticas e fotografía.
Por orde son estes os títulos:
1. Calor matemático 2. Camino de paralelas 3. Círculo ardente (Sonia López. 1º premio 2º ciclo de ESO e BAC) 4. Escadas rectangulares 5. Escala de escaleiras 6. Liñas tanxentes e círculos en pendente (Carolina Aldea. 2º premio 1º ciclo ESO) 7. Natureza en círculos (Cristina Mato. 1º premio 1º ciclo ESO) 8. Parábola 9. Paralelas no ceo e triángulos suspendidos 10. Rectas cruzadas 11. Sagita marela 12. Salvamanteis xeométricos 13. Simetría: realidade ou ficción? 14. Trapecios iluminados (Miriam López. 2º premio 2º ciclo de ESO e BAC) 15. Varanda secante
A exposición das fotos gustoulle moito á xente e isto fai que o persoal se anime para seguir a preparar novas edicións deste certame. Adiante!!!
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
1 comentario:
Que maravilla de fotos! Algunha desas fotos foi sacada na miña terra...
Un saúdo.
Publicar un comentario