Este blog non publicará comentarios contra a dignidade das persoas ou do seu traballo.

Biblioteca "Fiz Vergara Vilariño"

jueves, 5 de junio de 2014

VIII Olimpíada Tecnolóxica en Cervantes


O 30 de maio tivo lugar en Cervantes a VIII Olimpíada Tecnolóxica, chamada nesta ocasión “Conectando coa montaña”. Participaron os alumnos do CPI de Cervantes, IES “Leiras Pulpeiro” de Lugo, CPI “Poeta Uxío Novoneira” de Seoane do Caurel, CPI de Castroverde e IES “Gregorio Fernández” de Sarria. O CPI de Cervantes participou como anfitrión nesta ocasión e os alumnos participaron en equipos por niveis con representantes de cada centro en cada un dos equipos. Loitaron cos seus coñecementos tecnolóxicos, con verbas na súa lingua, sempre en grupo e sempre dialogando, nunha xornada moi dinámica, entretenida e moi ben organizada na que ata o tempo nos acompañou.
Houbo de todo un pouco, olimpíada tecnolóxica, xantar no pabellón do colexio, entrega de premios, un ameno espectáculo a cargo de Isabel Risco e roteiro pola beira do río Navia, sobre a que podedes ler máis e ver a foto conxunta picando aquí

No hay comentarios: