lunes, 31 de marzo de 2014
Proxecto ríos
Este curso no noso centro somos varios os profesores que estamos a traballar no Proxecto ríos de distintos xeitos. Mostramos aquí algúns dos traballiños feitos nos que a biblioteca tamén foi clave na busca de documentación e imaxes. Non deixedes de visitar o blog riosarria creado pola profesora de música Virginia Basanta para traballar o tema dende moi distintos puntos de vista.
Neste espazo podedes ver tamén os vídeos e traballiños feitos en inglés sobre distintos ríos da provincia elaborados polo alumnado de 1º de Ciclo Medio de Xestión Administrativa e 1º de Ciclo Superior de Administración e Finanzas.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario