Este blog non publicará comentarios contra a dignidade das persoas ou do seu traballo.

Biblioteca "Fiz Vergara Vilariño"

sábado, 22 de junio de 2013

Festival fin de curso.


Hoxe celebramos o fin de curso, que coincidiu co día internacional da música, e celebrámolo con música, un poema e moita emoción. A música puxérona máis de 30 alumnos de 2º de ESO, tocando a flauta (marabillosamente, por certo), os de 4º de ESO (como lles gosta cantar! que ben!) e as pequenas de 1º de bacharelato que co violín e o piano nos lembraron a The Beatles, John Lennon, The Police e Metallica... fermoso... grazas a todos... pero a emoción puxérona tamén os nosos alumnos coas adicatorias dos temas a Gustavo (que nos abandona só presencialmente, pois sempre estará no noso corazón, como lle dixeron na adicatoria, con moito acerto) e a Virginia (profesora de música dende hai anos e sempre colaboradora da biblioteca en actividades que os alumnos saben sempre apreciar).
E iso... un curso máis... alá foi..., pero paga a pena... nesta biblioteca somos perfectamente conscientes de que vós, alumnas e alumnos deste centro, cada día nos regalades o ánimo de continuar facendo cousas, porque, non o dubidedes, só o facemos por vós. Grazas por estardes aí.
María, Andrés, Pedro, Iago, Laura, Iria, Adrián, Alba, Miguel, Andrea, Susana, Celtia, Talía, Celia, Cristina, Alba, Alejandro, Maite, Raquel, Gustavo, Virginia, René, Pablo, Uxía, Bruno, Cristian, Alexis, Lucía, Nerea, Aroa, Itziar, Angie, Juan, Jorge, Angelo, Sergio, Diego, Lorena, Jennifer, Zeltia, Paula, Sheila, Flavia, Javier, Fernando, Hugo, Noelia, Ylenia, José Manuel, José Luis, Antonio, Carlos, Verónica, Ana, Yaheli, Auria, Saínza,Martín, Eric, Francisco, Braulio, Eduardo, Adán, Antía, Stephanie, Martín, Lorena, Nicolás, Esteban, Marc, Anissa, Abderrahman, Tania, Sara, Daniel, Tatiana, Marta, Daniela, Álvaro, Javier, Teresa, Iván, Jéssica, Noelia, Alexia, Daniel, Fernando, Jordi, Estefanía, Sandra, Xoel, David, Silvia, Santiago, Julio, Melissa, Aitana, José, Elena, Mar, Jordi, Luis, Belén, Kevin, Sara, Leandra, Zoe, Sonia, Claudia, Tania, Ignacio, Tamara, Mercedes, Elizabeth Ann, Tamara, Jesús, Alexandre, Óscar,... forever!

No hay comentarios: