Acaban de marchar da biblioteca cara a catro fogares da comarca sarriana os catro lectores electrónicos con que contamos grazas ao proxecto piloto E-LBE no que a nosa biblioteca participa. Desta volta, os afortunados foron Iago Fernández López (2º ESO A), Aroa López (2º ESO B), Lucía López (1º Bach A) e José Paz (1º Bach A).
Agardamos sirvan para gozar aínda máis da lectura. Noraboa e xa nos contaredes!
No hay comentarios:
Publicar un comentario