Este blog non publicará comentarios contra a dignidade das persoas ou do seu traballo.

Biblioteca "Fiz Vergara Vilariño"

miércoles, 6 de febrero de 2013

Fotos gañadoras do Concurso de Fotos 2013

As alumnas Noelia Rodríguez Bravo e Paula Sánchez Fernández de 2º de Bacharelato obtiveron o premio ao mellor conxunto de fotos convocado pola biblioteca con motivo do Día do Bosco.
Como vedes, as fotos son preciosas e responden ás seguintes pistas:

1.- “A lectura perxudica seriamente a ignorancia”

2.- “No silencio as palabras
semellan unha folla
esmagada”

Yago Rodríguez Yáñez (poeta e exprofesor do IES “Gregorio Fernández”)

3.- “Daquela fitaría
calado
os outos cumes,
para escoitar
sen cativerio
a soidade
do vento”

Yago Rodríguez Yáñez (poeta e exprofesor do IES “Gregorio Fernández”)

4.- “Se non estiveses no mar,
Buscaríate nas sombras.
De non atoparte na vida,
Percorrería a memoria….”

Yago Rodríguez Yáñez (poeta e exprofesor do IES “Gregorio Fernández”)

5.- “Achégate tal como es, ¡libre,
libre,
libremente!,
e súrcame de ronseiras e espranzas
como sulca a fariña o meu corpo de poeta muiñeiro”

Fiz Vergara Vilariño

6.- “Voltan as chuvias monótonas de invernía,
a me facer compaña xunto ó vello muíño,
pero de ti, rapaza lizgaira, corazón de cerva
e gueivota, non me traen noticia ningunha”.

Fiz Vergara Vilariño

7.- “Todos queren a paz, e para asegurala, fabrican máis armas que nunca”
Antonio Mingote (debuxante e humorista español)

1 comentario:

Lucía López, 1º Bach. dijo...

Noraboa, rapazas :D