Este blog non publicará comentarios contra a dignidade das persoas ou do seu traballo.

Biblioteca "Fiz Vergara Vilariño"

jueves, 24 de enero de 2013

Concurso de micro-relato: 14 de febreiro: amor e amistade

BASES DO CONCURSO DE MICRO-RELATO 2013

“14 de febreiro: Amor e amistade”

A biblioteca “Fiz Vergara Vilariño” convoca un concurso de micro-relato para o alumnado do IES “Gregorio Fernández”.
Regras do concurso
1. Os traballo deben ser orixinais, non publicados e non copiados.
2. O tema será o amor ou a amistade
3. Data inicio e fin do concurso : Do 24 de xaneiro até o 14 de febreiro.
4. Os micro-relatos poderán estar escritos en galego, castelán, inglés ou francés e non superar as 40 palabras. Deberán estar escritos correctamente.
5. Os traballos que se presenten estarán impresos e serán entregados na biblioteca. Tamén se poderán enviar en formato dixital ao correo fizvergara@gmail.com
6. Os traballos poden ser presentados por un ou dous autores.
7. Os traballos non poderán danar a sensibilidade, nin facer apoloxía da violencia, nin da discriminación por razón de raza, sexo, lingua ou crenzas.
8. Os traballos incluirán os seguintes datos dos autores:
• Nome completo
• Grupo no que está matriculado
• Teléfono de contacto
• Enderezo electrónico
9. O prazo de presentación dos traballos remata o 14 de febreiro.
Xurado
10. O xurado estará formado por membros da comunidade educativa do IES “Gregorio Fernández”.
11. Fallo do xurado: Finais de febreiro
12. A decisión do xurado é inapelable.
Procedemento de avaliación
13. Valoraranse a capacidade expresiva, a efectividade e a orixinalidade.
Premios
14. Outorgarase tres premios: un ao mellor traballo en galego, outro ao mellor traballo en castelán, un terceiro ao mellor traballo en inglés e un cuarto premio para o mellor traballo en francés.
Outras consideracións
15. No caso de que o xurado considere que ningún dos traballos presentados acada un nivel axeitado poderase declarar deserto o premio.
16. A participación no concurso implica necesariamente o acatamento do que se expón nestas bases.

1 comentario:

Lucía López, 1º Bach. dijo...

Participaremos, como non...
A ver que nos depara este novo concurso...
Saúdiños :)