Este blog non publicará comentarios contra a dignidade das persoas ou do seu traballo.

Biblioteca "Fiz Vergara Vilariño"

miércoles, 4 de abril de 2012

Roteiro literario "Fiz Vergara Vilariño"

O pasado 30 de marzo voltamos a Santalla de Loúzara co alumnado de 1º de ESO para que estos coñeceran de primeira man a orixe do poeta que da nome á nosa biblioteca e da súa poesía. Desta vez fixemos a pé boa parte do roteiro "Fiz Vergara Vilariño" dende Ponte de Loúzara ao tempo que liamos os poemas espallados polo camiño e ollabamos as obras de arte que se van atopando a medida que se avanza.
Foi unha xornada calurosa, agotadora pero moi satisfactoria na que ademais de empaparnos da paisaxe, a poesía e o bo ambiente vimos a devastación provocada polo lume en Santalla, unha auténtica catástrofe que aínda cheiraba a fume. Posteriormente visitamos Samos, fixemos un treito do Camiño de Santiago dende Samos ata Teiguín e ata tivemos tempo de facernos unha foto ao pe da torre de Sarria, que pronto será protoganista dunha interesante producción.
Esta excursión foi organizada polo profesor de Inglés e Proxecto Interdisciplinar Eduardo Rey en colaboración coa biblioteca do noso centro e forma parte das actividades programadas dentro da materia de Proxecto Interdisciplinar.
;


No hay comentarios: