Este blog non publicará comentarios contra a dignidade das persoas ou do seu traballo.

Biblioteca "Fiz Vergara Vilariño"

jueves, 19 de abril de 2012

En abril, libros mil



Estamos no mes dos libros e que mellor que celebralo lendo. Mostramos a continuación algúns das recomendacións dos nosos alumnos:
Andrés Dono de 1º ESO recoméndanos: O HUMOR NON ENGORDA. Este libro gustoume moito porque conta chistes que se meten coa xente de Galicia. Aínda que para entendelo hai que ter un pouco de sentido do humor. O que máis me gustou son as ilustracións. Este libro lino o ano pasado pero había algún chistes que non os entendín pero a maiorÍA si os entendín, recomendollo a persoas maiores de 13 anos.
Para Iago Fernández López, de 1º ESO, SHERLOCK HOLMES: O ÚLTIMO ADEUS é unha das mellores novelas de misterio que lin na miña vida e lin unha morea. Ten os capitulos moi ben mezclados para que se entenda todo , os personaxes están optimamente pensados e teñen unhas características moi inusuais que os fan únicos , o caso que ten que resolver Sherlock Holmes é moi enrevesado e peculiar, non ten imaxes pero iso é para que os lectores teñan que lelo unha ou outra vez convertendo aos personaxes nun elemento da nosa imaxinacion.

No hay comentarios: