Este blog non publicará comentarios contra a dignidade das persoas ou do seu traballo.

Biblioteca "Fiz Vergara Vilariño"

martes, 20 de diciembre de 2011

Novidades para o Nadal

Este Nadal non deixedes de botarlle unha ollada ás novidades que enchen o expositor e que tamén poden encher o voso tempo de ocio.

Se andades buscando que regalar por estas datas e non sabedes que comprar, dádevos unha voltiña polo blog das bibliotecas escolares galegas, onde atoparedes un bo feixe de guías de lectura para tempos fríos que de seguro vos darán moi boas pistas sobre que regalar e que ler.

O equipo da biblioteca deséxavos de toda corazón unhas Boas Festas e un venturoso 2012. E aínda que non é unha paixoliña tradicional dedicámosvos a canción Wonderful World, especialmente a aqueles que non conseguistes aprobalas todas.

No hay comentarios: