Este blog non publicará comentarios contra a dignidade das persoas ou do seu traballo.

Biblioteca "Fiz Vergara Vilariño"

viernes, 18 de noviembre de 2011

Premiados no concurso "Contos que meten medo"


Por esta vez, e sen que serva de precedente, todos os participantes no primeiro concurso do ano da biblioteca gañaron, grazas á presentación de distintas historias que de verdade meten medo e que estiveron expostas no taboleiro da entrada á biblioteca durante case un mes.
Recibiron o xornal do día e unha libreta enviada pola Consellería de Educación que leva na súa portada o lema: Biblioteca Escolar. Un "mundo" de oportunidades, co que estamos totalmente dacordo. Así que noraboa, non deixedes de participar en todo o que vos propoñemos e, sobre todo, aproveitade as oportunidades que a biblioteca vos brinda.

No hay comentarios: