
Este curso contamos novamente coa colaboración de Teresa López García, que xa está en 2º ESO A. Desta vez comenta unha das lecturas obrigatorias de 2º de ESO, o libro Eu tamén fun peliqueiro de Laza escrito por Ánxela Gracián, autora que visitou a nosa biblioteca o curso pasado.
É un relato cultural que che ensina como son os entroidos en Laza. O protagonista desta historia relata o seu grande desexo de ser peliqueiro de Laza , pero hai un problema: el naceu en Ourense , e para ser peliqueiro hai que nacer en Laza . Os peliqueiros son uns persoaxes que durante todo o día do entroido saen ás rúas de Laza , e van asustando a xente. Os peliqueiros levan unhas caretas , porque non se pode saber quen son, e se alguén lles intenta quitar as caretas eles péganlle co látego que levan.
No hay comentarios:
Publicar un comentario